Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TEÑO MEDO

€15,20
ISBN 9788491514497
É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.

Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise. Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos. Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes. O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A TATARUGA QUE QUERÍA DURMIR

    AA. VV.
    €13,50

    A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñ...

    Ver todos os detalles
  • A CHAVE DOS SOÑOS

    A CHAVE DOS SOÑOS

    Antonio García Teijeiro
    €9,00

    Relatos sobre as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo feito polos maiores.Este libro é unha colección de sete relatos para rap...

    Ver todos os detalles
  • UN MUNDO PARA MARUXA

    Estefanía Padullés
    €14,00

    Unha mañá, o barco pesqueiro do pai de Iria trae ao porto a Maruxa, unha londra que ten que ser atendida no Centro de Recuperación de Fauna Silvest...

    Ver todos os detalles
  • O GALO QUE PUXO UN OVO

    GARCÍ ACEDO, INDY / TOVA, LAURA
    €14,90

    Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo ag...

    Ver todos os detalles
  • A FADA DAS LAPAS

    A FADA DAS LAPAS

    Manuel Janeiro
    €14,70

    Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metá...

    Ver todos os detalles