Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

€30,00
ISBN 9788494650024
Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un lado, unha descrición xeográfico-antropolóxica da comarca ortigueiresa e, polo outro, un estudo ao que propiamente representan os mitos e o ritos, onde a autora se debruza na romaxe, nos ritos comúns a outros santuarios galegos, nos milladoiros, nas lendas ou nas diversas, e célebres, figuras de pan sen levedar e o seu significado.

Hai corenta e seis anos Xohana Torres gañara o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, que convocara a Deputación da Coruña. O texto nunca puido ver a luz ata hai uns meses cando a devandita institución apoiou o seu rescate e a súa publicación. Dun ou doutro xeito dá xenio ler a prosa divulgativa e altamente documentada de Xohana Torres que encerra neste volume onde aproveita calquera fírgoa, por pequena sexa, para abrir aquí e acolá posibilidades de incorporar elementos comparados con outras culturas e tradicións, e de onde precisamente se tira a idea da singularidade de Teixido. Neste libro segue a advertirse o pulso poderoso e intenso que domina o seu estilo, tamén esa visión comprensiva e global desde a que anoa referencias e detalles pouco divulgados conseguindo establecer unha interpretación etnográfica e cultural dun mito que nos singulariza e que, por extensión, convida a visitalo, ou volver visitalo, para sentilo de maneira diferente.

____

Editorial: Engaiolarte
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • LÚA E OS NUBEIROS

    LÚA E OS NUBEIROS

    Xosé Miranda
    €9,50

    Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Qu...

    Ver todos os detalles
  • COMANDO SINTROM

    BEATRIZ GARCÍA TURNES
    €14,70

     Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no finalda súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabez...

    Ver todos os detalles
  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • CEN PEZAS DO TRAXE DO VAL DO ULLA

    CEN PEZAS DO TRAXE DO VAL DO ULLA

    Francisco Collantes Carollo
    €20,00

    Dez anos de investigación e procura de roupa tradicional no Val do Ulla culminan na presentación deste extenso catálogo etnográfico  que deixa ver,...

    Ver todos os detalles
  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles