Un libro de pasatempos en galego pensado para nenos e nenas de 4-6 anos, todos eles ambientados no outono galego. Sopas de letras, labirintos, debuxos para colorear e pequenos retos serven como fío condutor para introducir vocabulario de Samaín, magostos, animais e natureza.
As actividades están deseñadas para mellorar a memoria e a concentración, ao tempo que fomentan a creatividade e a aprendizaxe autónoma. O formato A4 e a letra grande fan que sexa cómodo de manexar, tanto na casa como na escola, e constitúe unha alternativa entretida ás pantallas.
Varios docentes sinalan o éxito destes pasatempos nas aulas, onde serven para ocupar tempos mortos con propostas que enganchan ao alumnado, ata o punto de pedir continuar cos exercicios mesmo fóra da clase.
Un agasallo educativo para aniversarios, celebracións ou para compartir en familias.
Libros completos para:
- Reforzar a aprendizaxe escolar: mellorando a ortografía e gramática en galego.
- Estimular o seu cerebro: facer unha sopa de letras require que os nenos identifiquen patróns e asociacións entre letras.
- Impulsar a concentración: para buscar nunha sopa de letras hai que concentrarse, os peques melloran así a atención ós detalles e a súa capacidade de concentración.
- Mellora da autoestima: cada nova palabra descuberta é unha pequena victoria para os descubridores de palabras.
- Diversión sen pantallas: sopas, colorear, unir puntos, labirintos…
- Un tamaño adecuado para rapaces: letra grande e tamaño aproximado dun folio A4 (21.5x28cm)
- Máxima calidade 100% galega.
____
Editorial: PIDO PAPAS 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 90
INFANTIL: DE 7 A 8 AÑOS
PASATEMPOS PARA NENOS E NENAS