Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SON NOXENTO

€17,50
ISBN 9788499148243
Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais».

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín. E, aínda que non é agradable –nin sequera na ficción– tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario. Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

____

También te podría interesar...

  • MEMORIAS DUN EXGALEGO

    Josiño Araújo Pérez
    €21,95

    “Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación d...

    Ver todos os detalles
  • A CASA DO PAI

    Karmele Jaio
    €16,50

    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de blo...

    Ver todos os detalles
  • AS CASAS

    AS CASAS

    Carlos Lixó
    €13,00

    xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pa...

    Ver todos os detalles
  • AS GRATITUDES

    Delphine de Vigan
    €15,00

    A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afas...

    Ver todos os detalles
  • O PAZO BALEIRO

    O PAZO BALEIRO

    Xabier P. DoCampo
    €9,20

    A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí...

    Ver todos os detalles