Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SOL DE INVERNO

€23,15
ISBN 9788499140322
2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 2009 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009   Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.

Para o xurado do Premio Xerais 2009 "Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza."

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    Xoana Torres
    €30,00

    Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un ...

    Ver todos os detalles
  • FESTINA LENTE

    FESTINA LENTE

    Marcos Calveiro
    €18,00

    Premio da Crítica, 2008 (narrativa) - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, 2008 - Premio Irmandade do Libro ao Mellor ...

    Ver todos os detalles
  • A FLOR DA AUGA

    A FLOR DA AUGA

    VV.AA.
    €16,40

    Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas.  Recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, do...

    Ver todos os detalles
  • O INVERNO AUSENTE

    Fernando Martínez Vilanova
    €18,00

    Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e ...

    Ver todos os detalles
  • CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    Valentín Paz-Andrade
    €40,00

    Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do nos...

    Ver todos os detalles