Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SINGAMIA 1.1

€12,15
ISBN 9788491214601
Singamia 1.1 (Queridas máquinas) culmina a triloxía AKTUAL de Ramón Caride coa vertixe dun futuro presente. Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos.

A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.»Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non hai segredos para elas. Invadiron as familias, a saúde, a reprodución, as relacións persoais, toda a intimidade. Mesmo os soños. Adiantan as nosas necesidades e decisións, coñecen todo de nós... Mais, que sabemos nós delas?

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS MUNDOS DE AGORA

    Lois Oreiro
    €19,00

    Temos a vista presa na pantalla do móbil e a presenza dixitalizadaAs Big Tech abriron as fronteiras entre o laboral e o ocio e entre o íntimo e o s...

    Ver todos os detalles
  • A CARÓN DA MÁQUINA

    A CARÓN DA MÁQUINA

    Teresa Pérez Tilve
    €14,00

    Libro xuvenil que leva ao lector a (re)vivir o difícil que é enfrontarse aos fracasos, as ilusións, as dúbidas… antes de cumprir os 18 anos.Neste c...

    Ver todos os detalles
  • DENDE 1880

    Pietro Gottuso
    €16,00

    Premio Compostela «Dende 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada nunh...

    Ver todos os detalles
  • OS INCURÁBEIS

    OS INCURÁBEIS

    Antonio Tizón
    €18,30

    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha n...

    Ver todos os detalles
  • A MÚSICA DOS SERES VIVOS

    A MÚSICA DOS SERES VIVOS

    María Reimóndez
    €19,00

    Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais,...

    Ver todos os detalles