Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SIBILA

€17,70
ISBN 9788491218913

É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo.En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN

    Eva Mejuto
    €15,50

    Ilustracións: Bea Gregores «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de ho...

    Ver todos os detalles
  • LUNS

    LUNS

    Eli Ríos
    €16,85

    Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un f...

    Ver todos os detalles
  • O PAÍS ADORMENTADO

    O PAÍS ADORMENTADO

    Xabier P. DoCampo
    €12,15

    No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentre...

    Ver todos os detalles
  • O PESO DO CEREBRO

    Xesús Constela
    €18,00

    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembran...

    Ver todos os detalles
  • NON FALES O QUE NON DEBES

    NON FALES O QUE NON DEBES

    Luís Manuel García Mañá
    €16,95

    En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está...

    Ver todos os detalles