Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SAROU LOUZÓS

€17,00
ISBN 9788499144009
Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo.

Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • RELATOS MARIÑEIROS

    RELATOS MARIÑEIROS

    Xosé Neira Vilas
    €14,60

    Relatos mariñeiros con ilustracións de Xaquín Marín. Componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunid...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • PENSA NAO

    PENSA NAO

    Anxo Angueira
    €17,00

    Premio Xerais de Novela, 1999   En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sern...

    Ver todos os detalles
  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • O CERVO NA TORRE

    O CERVO NA TORRE

    Darío Xohán Cabana
    €17,65

    Premio Xerais de Novela, 1994 Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro compo...

    Ver todos os detalles