Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RIMBAUD:SEIS POEMAS DE INFERNO E ADOLESCENCIA

por VV.AA.
€15,00
ISBN 9788412686302

composicións dos seus poemas adolescentes, “Venus Anadiomena” e “Sensación”, pertencentes á etapa inicial da súa escrita, mergullada no olimpo parnasiano pero xa perturbadora.

Arthur Rimbaud, o poeta que inventou a poesía moderna, publicou baixo a súa responsabilidade un único libro, Unha temporada no inferno, do que agora se cumpren 150 anos. A peripecia editorial do volume é tan inverosímil como a propia vida do poeta, un home que amou con vehemencia e decidiu renunciar ao seu amante e á poesía ao mesmo tempo.

A peripecia editorial

Arthur Rimbaud entregoulle en 1873 a Jacques Poot [un impresor especializado en lexislación da Rue aux Choux de Bruxelas] os orixinais de Unha temporada no inferno [Une saison en enfer]. O poeta tiña dezanove anos e estaba nos estertores da súa apaixonada [e conflitiva] relación con Paul Verlaine, referencia no simbolismo francés. [Verlaine ca- sara con Mathilde Mauté nunha de auténtico suplicioel bebía e volvíase violento. O seu fillo, Georges Verlaine, foi vítima da furia paterna e do desapego da nai, que o abandonou en Álxer tras o seu segundo matrimonio. O rapaz vagou varios días desorientado pola cidade e, segundo contaba, sufriu o ataque dun hipnotizador que o sumiu nun profundo desequilibrio psíquico].

A nai de Rimbaud [Vitalie Cuif] pagoulle a edición de Unha temporada no inferno, pero Rimbaud gastou os cartos antes de pagar o impresor e o impresor negouse a entregarlle os libros. Ce- deulle só cinco exemplares [dos 500 da tiraxe] a condición de que os usase para conseguir os cartos do pago. Rimbaud nin sequera volveu pola imprenta de Poot. Cos cinco exempares deuse por sa- tisfeito e un [por suposto] deullo a Verlaine.

Case toda a edición quedou arrombada no soto da Rúe aux Choux. Ata 1901, en que a descobre o avogado Léon Losseau, un espilido bibliófilo. Despois de queimar os volumes comestos pola humidade e os ratos, Losseau fixo unha proveitosa operación co- mercial. En 1914, cando Rimbaud era xa un mito escintilante da poesía francesa, revelou a súa descuberta.

____

Editorial: Chan da Polvora 09-2023
Idioma: Galego