
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN
Esta antoloxía así o certifica: comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe.
____
Editorial: LaioventoIdioma: Gallego