Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RESISTENCIA

€20,60
ISBN 9788483029251
16ª Edición - Premio Arcebispo Juan de San Clemente, 2003   Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais -Dinís e Filipa- artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís -un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen- e Filipa -filla dun rico comerciante de Coimbra-.

Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • WINNIPEG

    WINNIPEG

    Hixinio Puentes Novo
    €17,80

    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspor...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    Luís Rei Núñez
    €18,00

    Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena ca...

    Ver todos os detalles
  • RAFAEL DIESTE. O LIBRE PENSAMENTO

    RAFAEL DIESTE. O LIBRE PENSAMENTO

    Narciso de Gabriel
    €17,00

    Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a d...

    Ver todos os detalles