Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RECEITAS DE INVERNO DESDE A COMUNIDADE

€18,00
ISBN 9788412318333

Receitas de inverno desde a comunidade é un libro sorprendente, en parte porque ninguén esperaría que Louise Glück reunise uns poemas de apariencia tan sinxela para a súa primeira publicación despois de recibir o prestixioso Premio Nobel. Se o seu libro anterior, Noite fiel e virtuosa era un despregamento de recursos que refundaban a súa poesía, agora asistimos a unha inquietante estilización da voz e da expresión. O que en Noite fiel e virtuosa era poñernos diante do abismo da morte, en Receitas de inverno desde a comunidade é colocarnos ante a fiestra do único que en realidade coñecemos: a vida. O poema diversifícase. A temática destílase. A aparataxe simbólica depúrase ou deslízase por superficies retorcidas como paisaxes surrealistas. Aparecen os temas predilectos de Glück e, por suposto, non pode faltar a súa irmá morta, a súa nai ou as historias de amantes sádicos. Todo o seu mundo está aí, incluso as nosas vidas.

 

Louise Elisabeth Glück [Nova York, 1943] é unha das poeta norteamericanas de maior recoñecemento na actualidade. Ademais do Nobel, recibiu algúns dos máis prestixiosos garalardos do seu país, entre eles o Pulitzer por The Wild Iris en 1993. En 2020 converteuse na decimosexta muller en obter o Nobel de Literatura.

____

Editorial: Chan da Pólvora 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A TRAIZÓN

    Amalie Skram
    €15,50

     A traizón arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde dúas familias se reúnen para celebrar a voda entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aur...

    Ver todos os detalles
  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles
  • URDA

    Quico
    €14,00

    URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • SARDIÑA

    Miriam Reyes
    €16,00

    En agosto de 1983, cando ten oito anos, Miriam Reyes emigra cos seus pais desde o Ourense natal a Caracas, unha viaxe que rompe a conexión das súas...

    Ver todos os detalles