
En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración. Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego