Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A PONTE DAS POLDRAS

por Chus Pato
€10,50
ISBN 9788482888897
Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato
A sintaxe da utopía.


Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama "a sintaxe da utopía". Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no 96 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora. A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que "recupra o silenciado e inscribe o utópico". A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • CARTAS MARCADAS

    CARTAS MARCADAS

    Xavier Queipo
    €19,70

    O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Co...

    Ver todos os detalles
  • PRANA APANA

    PRANA APANA

    Patricia Rivas Gallego
    €14,70

    É  un proxecto que, nun contexto onde a cultura é visual, busca mostrar unha poesía da intimidade comunicándose a través dunha linguaxe de imaxes e...

    Ver todos os detalles
  • VIAXES DO CORAZÓN. DIARIO ÍNFIMO

    VIAXES DO CORAZÓN. DIARIO ÍNFIMO

    Xosé Manuel G. Trigo
    €12,75

    Vida e literatura xuntas nun libro que convoca momentos ínfimos do pasado para celebrar o presente.Un diario escrito con fina ironía mais sentindo ...

    Ver todos os detalles
  • DO AMADO AMODO

    DO AMADO AMODO

    Manuel Outeiriño
    €11,80

    Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir. A expresión destes versos non está en consonancia con preceptiva ningunha: explora esgazaduras, fenda...

    Ver todos os detalles
  • AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS

    AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS

    Juan José Moralejo Alvarez
    €15,20

    Un libro onde diversión e sabedoría mestúranse para propor un tipo de lectura diferente, un humor que xorde da experiencia do autor como pescador n...

    Ver todos os detalles