Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POETÍZATE. ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA

€12,15
ISBN 9788499142500
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega.

Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libroPoetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • POETIZATE

    ALONSO, FRAN
    €13,50

    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunh...

    Ver todos os detalles
  • STREET POEMS

    STREET POEMS

    Fran Alonso
    €10,00

    Os poemas de "Street Poems", volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.Fran Alons...

    Ver todos os detalles
  • POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS

    POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS

    Fran Alonso
    €10,00

    É un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais:...

    Ver todos os detalles
  • ABRAPALABRA!

    ABRAPALABRA!

    Antón Cortizas
    €15,00

    Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a dereita… e ata en diagonal! A que...

    Ver todos os detalles
  • SUBVERSIÓNS

    SUBVERSIÓNS

    Fran Alonso
    €14,25

    Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da...

    Ver todos os detalles