Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POEMAS INMÓBILES DE MOVEMENTO ESTÁTICO

€17,00
ISBN 9788412590562

Poemas inmóbiles de movemento estático afonda na liña que Fran Alonso ven desenvolvendo desde hai anos sobre as posibilidades plásticas da poesía, característica que neste libro se converte nunha eclosión. Pero non debemos levarnos a engano. Baixo as formas escintilantes agáchase o desacougo dos poemas, talvez os máis escuros que escribiu o autor. O libro xira arredor dun ser de natureza incorpórea, engastadao ao individuo que escribe e aturdido no desalento do frío, no abatemento do corpo, no humus da frustración. O ser debeu perderse na reiteración das palabras, no labirinto dos conceptos, na confusa arañeira que prendeu coa erosión da engra- naxe neuronal mentres o corpo do individuo que escribe se arrastra pola dor, polo desalento, polo desencanto e pola palabra para procurar unha identidade (dubidosa) na incerteza da esperanza. 

Fran Alonso (Vigo, 1963) é un dos escritores que renovaron a narrativa galega a primeiros dos anos noventa, inicio dunha traxectoria na que tamén ocupará un papel central o seu traballo como responsable de Edicións Xerais e a súa aposta pola poesía. O seu primeiro libro de poemas que publicou foi Persianas, pedramol e outros nervios (1992). Logo viñeron Tortillas para os obreiros (1996); Subversións (2001); Balada solitaria (2004); Transición (2011), poemario e CD no que recita con María Lado; Poétic@ (2015), poesía electrónica e crossmedia (www.poetica.gal); Esta- do de malestar (2016/17) pubicado en Twitter (@Tw140Poemas) ou Terraza (2017). 

_____

Chan da Pólvora 12-2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • IRMANDADES DA FALA: NARRATIVA . ANTOLOXIA

    Ramón Nicolas
    €12,00

    Esta antoloxía parte da premisa da existencia dun amplo corpus narrativo, conformado por oitenta e tres publicacións editadas entre o ano 1919 e 19...

    Ver todos os detalles
  • URDA

    Quico
    €14,00

    URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este...

    Ver todos os detalles
  • CERVATOS

    CERVATOS

    Lucía Novas
    €12,00

    Un mundo urbano, nocturno e inhóspito -mais arraigado na aldea- agroma nestes versos cheos de músicas e imaxes, próximos á estética do videoclip e ...

    Ver todos os detalles
  • FEROS CORVOS [ANTOLOXÍA DO BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE]

    VV. AA.
    €17,00

    O Batallón Literario da Costa da Morte converteuse en poco máis de dous anos de actividade nun dos colectivos referenciais da acción poética en Gal...

    Ver todos os detalles
  • GALAICOFOBIA

    PERES VIGO, ALEXANDRE
    €22,95

    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas ve...

    Ver todos os detalles