Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PERDER (2016-2021)

€13,50
ISBN 9788411760256

En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada a pé de escena para voces femininas.

Este volume recolle a produción literaria do veterano dramaturgo durante un lustro concreto. Ademais dun prólogo e un epílogo onde reflexiona sobre a súa propia arte, o título recolle as obras teatrais “Cousas que trouxo a chuvia”, “Pasar por Nida”, “A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour”, “En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pícnic” e mais “A túa boca e a miña”. Cada texto é diferente, pero en todos se pode percibir o interese do escritor pola experimentación coa linguaxe e a relación escénica. Personaxes, principalmente femininas, que utilizan o teatro para expresar o talvez inexpresable, o que habitualmente queda fóra dos discursos.

BIOSBARDIA

_____

Editorial: Galaxia 05-2023
Idioma: Galego