Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PENSA NAO

€17,00
ISBN 9788483024676
Premio Xerais de Novela, 1999   En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política.

Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, "Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente".

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O CERVO NA TORRE

    O CERVO NA TORRE

    Darío Xohán Cabana
    €17,65

    Premio Xerais de Novela, 1994 Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro compo...

    Ver todos os detalles
  • DESVELANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA

    FRANCISCO RODRÍGUEZ
    €15,00

    NOVIDADE Un libro en que o autor continúa o esforzo por restaurar a verdadeira Rosalía.  Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeir...

    Ver todos os detalles
  • TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    Xoana Torres
    €30,00

    Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un ...

    Ver todos os detalles
  • A DERROTA DE GALICIA

    A DERROTA DE GALICIA

    Antón Baamonde
    €19,00

    A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de mod...

    Ver todos os detalles
  • SAROU LOUZÓS

    SAROU LOUZÓS

    Ramón Caride
    €17,00

    Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous luga...

    Ver todos os detalles