Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PAZO DE INVERNO

€19,00
ISBN 9788491517689

PREMIO GARCÍA BARROS 2021

Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia?

Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde.

Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • GALICIA: UN POBO CON FUTURO? O NOSO DEVALO DEMOGRÁFICO

    GALICIA: UN POBO CON FUTURO? O NOSO DEVALO DEMOGRÁFICO

    Librería Abrente
    €18,00

    Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará. Desde est...

    Ver todos os detalles
  • DENTRO DA ILLA

    DENTRO DA ILLA

    Dolores Ruiz
    €13,00

    Unha xeira máis, o Premio Blanco Amor confirma a atención que lles presta ás novas correntes da narrativa, o seu papel fundamental para dar a coñec...

    Ver todos os detalles
  • MATAR O HEROE

    MATAR O HEROE

    Adolfo Caamaño
    €23,00

    Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amiza...

    Ver todos os detalles
  • ALMA DE GRILO

    MARÍA GARCÍA
    €20,00

    Con imaxinación e fina sensibilidade, María García compón un cadro de estampas narrativas breves no que conviven o mito e o humor, a lenda e o poem...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles