Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS TEUS DEDOS NA MIÑA BRAGA CON REGLA

€15,00
ISBN 9788412590548
Cando pasaron xa dúas décadas da publicación de Os teus dedos na miña braga con regra, de Lupe Gómez, e coincidindo co lanzamento de Así fala Penélope, a antoloxía de xénero que fixo Marta Dacosta, Chan da Pólvora reedita e actualiza o libro máis provocador e polémico da poeta de Fisteus. Deste xeito, a antoloxía prolóngase no verso implacable de Lupe Gómez cunha obra que rompeu os moldes na poesía dos anos noventa e mesmo foi censurada. O texto non só conserva a súa forza senón que adquiriu tamén unha extraordinaria beleza.

A capacidade recursiva de Os teus dedos na miña braga con regra é froito, talvez, da percusión salmódica que ailla a obra no tempo e da xenialidade dunha autora que constrúe os poemas a partir de elementos visionarios. Aquí atoparedes algúns dos versos inesquecibles das últimas décadas, composición breves, mínimas, non exentas de humor, que nos rebentan como os golpes dunha boxeadora. Nunca teredes nas mans outro libro tan violento e tan inocente.

Lupe Gómez (Fisteus, 1972) desenvolve unha das traxectorias máis turbadoras da peosía galega contemporánea, con libros como Pornografía (1955) ou Camuflaxe (2017) que conmocionaron a miles de lectoras e lectores en todo o mundo grazas ás súas traducións ao alemán, o inglés, o español, o francés ou o portugués (Os teus dedos, de feito, aparecerá este outono no selo Uña Rota traducido ao castelán pola propia poeta). Autora da autobiografía Fisteus era un mundo (2001) ou de centos de artigos, entrevistas e críticas nas páxinas de A Nosa Terra e de Galicia Hoxe, Lupe Gómez recibiu nos últimos anos un amplo recoñecemento, entre eles o Premio da Crítica española. Ela asegura porén que o maior foi ser nomeada embaixadora do Concello de Curtis, onde se atopa Fisteus.

____

Editorial: Chan da Polvora 10-2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • AD INFEROS

    AD INFEROS

    Mónica Sánchez
    €12,00

    É como un axóuxere de liberdade, un exercicio de da liberdade persoal. O título alude ao descenso de Ulises aos infernos que se conta na Odisea. Ha...

    Ver todos os detalles
  • COMANDO SINTROM

    BEATRIZ GARCÍA TURNES
    €14,70

     Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no finalda súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabez...

    Ver todos os detalles
  • URDA

    Quico
    €14,00

    URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este...

    Ver todos os detalles
  • TRANSITO

    Fortes, Antom
    €15,00

    Trânsito é o peche simbólico que Antom Fortes fai dunha triloxía formada por Figuras masculinas de meio-corpo e Sexto fetiche, dous dos libros mái...

    Ver todos os detalles
  • LINGUA GUAPA. CANTOS QUE CONTAN…

    LINGUA GUAPA. CANTOS QUE CONTAN…

    Fina Casalderrey
    €20,00

    Teño unha lingua moi longa con quilómetros de historia. Leva palabras de azucre que aturuxan na memoria. Velaquí esta LINGUA GUAPA para voarmos po...

    Ver todos os detalles