
Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do século XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindible para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época. Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.
____
Editorial: LaioventoIdioma: Gallego