Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS MESTRES MORTOS DAQUEL VERÁN

€23,00
ISBN 9788498650426
Unha ollada desde o socialismo galego
Velaquí a crónica dun tempo aparentemente breve, pero extraordinariamente intenso, que marcou o desenvolvemento da sociedade galega nas últimas décadas: a xestación e conseguinte aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia (1979-80) no marco da Constitución Española (1978). O relator é un cronista excepcional, testemuña directa dos feitos. A súa ollada, documentada e clarificadora, apunta perspectivas novas verbo de capítulos non sempre ben coñecidos daquel proceso, decisivo na configuración da realidade política e social da Galicia de hoxe.

Manuel Ceferino Díaz (O Saviñao, Lugo, 1947-2012), licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago, foi Secretario de Relacións Políticas (1979-1980) e Vicesecretario Xeral (1980-1982) do PSdeG-PSOE. Entre 1973 e 2000 foi profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC, traballo que partillou coa actividade política como deputado no Parlamento Galego (1981-1997). Desde o ano 2000 ata o 2011 foi parlamentario no Congreso dos Deputados. Membro destacado da corrente galeguista do socialismo, tivo un papel relevante no recoñecemento de Galicia como “nacionalidade histórica” no Estado das Autonomías.

Publicou A esforzada conquista da autonomía 1979-1981: unha ollada desde o socialismo galego (2008) e Autonomía e modernidade en Galicia. Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009 (2010).

No ano 2013, a título póstumo, a Xunta concedeulle a Medalla de Ouro de Galicia.

Faleceu no 2012.

____

Editorial: Galaxia 12-2007
Idioma: Galego
Páxinas: 314
Col: MEMORIA