Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS MALAGANA

€17,50
ISBN 9788412624762

Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo ´Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole.
Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un benestar que descoñecen nun ambiente poboado de personaxes coloridos e entusiastas, unidos por unha mesma cultura e separados por antigas rivalidades.

Giovanni Verga naceu na vila siciliana de Catania en 1840, no seo dunha familia acomodada. Aos dezaseis anos escribiu a súa primeira novela, moi influída polo romanticismo e o Risurdimento. Comezou os estudos de Dereito na Università de Catania, que abandonou para dedicarse á escritura, alternando a narrativa e as colaboracións xornalísticas nas revistas literarias e políticas máis destacadas da época.

Aos vinte e cinto anos trasládase a Florencia, onde se somerxe na sociedade literaria do momento e continúa escribindo, aínda influído polos xéneros histórico e sentimental. Porén, tras coñecer as obras de Balzac, Flaubert e Zola, comeza a prestar atención ás cuestións sociais e culturais da época, á lotta per la vita, nas súas palabras.

En 1874, dá ao prelo Nedda, narración sobre a vida e as vicisitudes cunha campesiña siciliana. Empeza a conformarse entón o verismo, corrente estética emparentada co naturalismo da que é considerado pai, que cambiará o rumbo da literatura italiana e influirá, case sesenta anos despois, no movemento neorrealista, tanto na literatura como no cinema.

Os Malagana, publicada en 1881, foi o cumio da súa novelística e servirá de inspiración para a película de 1948 La terra trema, de Luchino Visconti. Xunto con Mastro-don Gesualdo forma parte do chamado Ciclo dei vinti («Ciclo dos vencidos»), unha ambiciosa serie sobre a corrente do progreso que o autor non puido rematar.

Durante so seguintes vinte anos, Verga profundou na sensibilidade verista en relatos e novelas que retrataban a vida na rocha nativa da sociedade siciliana. De 1890 en diante, escribiu moi pouco e levou unha vida tranquila até o seu pasamento en 1922, aos oitenta e dous anos.

 ____

Editorial: Irmás Cartone 04-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 332
LITERATURA DO MAR

También te podría interesar...

  • A HERDANZA FERRAMONTI

    Gaetano Carlo Chelli
    €17,00

    Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estétic...

    Ver todos os detalles
  • A VIRXE E O XITANO

    A VIRXE E O XITANO

    D. H. Lawrence
    €13,00

    Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gr...

    Ver todos os detalles
  • EL

    Louise Colet
    €17,50

    Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Public...

    Ver todos os detalles
  • A HISTORIA DO BONDADOSO VELLO E DA FERMOSA MOZA

    Italo Svevo
    €12,00

      Un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas d...

    Ver todos os detalles
  • CIRCE

    Annie Vivanti
    €20,00

    Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Vivan...

    Ver todos os detalles