Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS LOBOS NA CASA DE ESAÚ

€8,00
ISBN 9788494769801

 

 

En Os lobos na casa de Esaú, Lara Dopazo Ruibal rompe ligaduras, derruba os dogmas de xénero e devólvenos o célebre mito bíblico convertido nunha muller desafiante e reivindicativa, primoxénita e cazadora. “Do meu útero sairán amazonas”, escribe, “que terán a vinganza tatuada nos ollos. Mais cando iso aconteza eu marcharei cos meus lobos á montaña e alí cumprirei os designios dun deus no que nunca crin”. Despois de libros como illa peixe ou ovella, e de gañar este mesmo ano o Premio Vergara Vilariño con Claus e o alacrán, Lara Dopazo sorprende agora os lectores con estes poemas esculpidos no ritmo do sangue e na eclosión da palabra implacable, limpa como as areas do deserto.

Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é periodista e especialista en programas de estudos en mancomún. A súa obra poética, recoñecida con galardóns como o GzCrea ou o Francisco Añón, concéntrase en Dende illa peixe e Ovella, dous títulos que amosan o seu interese por reconstruír os espazos cotiás a partir das exploracións íntimas, con versos que concentran na súa capacidade imaxinativa o potencial lírico. Influenciada polo feminismo como instrumento de prospección creativa e social, Lara Dopazo cultivou tamén a narrativa en Clementina, que lle valeu no ano 2015 o premio Nortear. “Tragarei todo o deserto se fai falla”, escribe nun dos seus poemas de Dende a illa peixe.

____

Editorial: Chan da Pólvora 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • LOBOS NAS ILLAS

    Marilar Aleixandre
    €16,45

    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos...

    Ver todos os detalles
  • GACELA

    Da Silva, Genaro
    €15,00

    Genaro da Silva nunca se distanciou tanto nin estivo tan próximo de si mesmo como neste libro irónico e fondo, íntimo e ficcional. Tras desenvolver...

    Ver todos os detalles
  • O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

    Xulio López Valcárcel
    €17,90

    2ª EDICIÓN “Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músi...

    Ver todos os detalles
  • O SEGREDO DE AL'EUME

    Pilar Ortega Pereiro
    €15,50

    Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e consegui...

    Ver todos os detalles
  • OS LIBROS QUE HAI EN MIN

    Enmma Pedreira
    €16,50

    Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras a...

    Ver todos os detalles