Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS INCURÁBEIS

€18,30
ISBN 9788491217015
«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se repiten días despois no mesmo barrio da Coruña. Botando man da novela negra e da novela psicolóxica, Antonio Tizón ofrécenos unha historia na que se formulan preguntas coma estas: que facer coas persoas que padecen enfermidades mentais graves? Teñen cura ou son incurábeis? Son persoas normais ou violentas, perigosas? Como tratalas? Os incurábeis, que historicamente coincide coas secuelas do 11-S, crea un singular espazo literario no barrio coruñés dos Castros, concibido como o microcosmos simbólico dunha sociedade enfermiza pola que pululan personaxes como Rubén, que acoitela gatos, ou a singular psiquiatra Helena Salcedo.


____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A CRUELDADE DE ABRIL

    A CRUELDADE DE ABRIL

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un incendio nunha casa abandonada. Dous ...

    Ver todos os detalles
  • A SOIDADE DAS MEDUSAS

    A SOIDADE DAS MEDUSAS

    Iria Collazo López
    €10,00

    Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a sú...

    Ver todos os detalles
  • CONTA SALDADA

    CONTA SALDADA

    Suso de Toro
    €12,15

    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedic...

    Ver todos os detalles
  • OFRENDA Á TORMENTA

    OFRENDA Á TORMENTA

    Librería Abrente
    €23,00

    Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Pol...

    Ver todos os detalles
  • FÓRA DE SI

    FÓRA DE SI

    Suso de Toro
    €17,00

    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moi...

    Ver todos os detalles