Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS EXILIOS QUE SOMOS. [FOTOPOEMAS].

€13,00
ISBN 9788416460762
Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a centos, a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura.

 Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria. Canda eles, imaxes que buscan ocos de luz entre densas brumas; retratos de fendas, depósitos de cinsas... Mais tamén, fronte a todo, os rostros da dignidade e da resistencia. É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda. Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario.
 


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego