Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS ESTADOS E IMPERIOS DA LÚA

€15,00
ISBN 9788417388324
é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz.

A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos. Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS ESTADOS E IMPERIOS DO SOL

    OS ESTADOS E IMPERIOS DO SOL

    CYRANO DE BERGERAC
    €15,00

    Os Estados e Imperios da Lúa –xunto con Os Estados e Imperios do Sol– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descr...

    Ver todos os detalles
  • IÓN. CICLOPE

    Eurípides
    €15,00

    Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis des...

    Ver todos os detalles
  • O MUNDO RESPLANDECENTE

    O MUNDO RESPLANDECENTE

    CAVENDISH, MARGARET
    €16,00

    é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mun...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • SOBRE A NATUREZA DAS COUSAS

    Tito Lucrecio Caro
    €21,00

    De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio refl exiona sobre a orixe do univer...

    Ver todos os detalles