Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ORFEO CANTA. INICIACIÓN, SIGNO & RETORNO

€18,00
ISBN 9788494855320
Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que a creación poética e filosófica se recolleu durante moito tempo é o mito do descensus ad inferos (descenso ao inferno) protagonizado por Orfeo e Eurídice.

Roberto Abuín insírese nesa mesma dramática para investigar algo esencial das persoas e do mundo: a forza conducente que a escura potencia do real manifesta na conformación do visible, deses eidos de luz nos que as vidas transcorren apracibles mais tamén fraxilmente. Orfeo canta. Iniciación signo & retorno é unha arriscada proposta a medio camiño entre poesía, narrativa e filosofía que se interna por unha senda exótica e inhabitual na escrita contemporánea. Nas súas páxinas bambea desde a figuración circular de Kore, señora do inframundo, tecedora das urdas que fan posible o existente, até a luminosidade da liberadora Ariadna, guiándonos polos rizomáticos labirintos das nosas psiques. Desde o Hades até Lesbos, a catábase órfica convértese nun modo de realización, nun xeito de acadar sentido, nun vieiro para o pensar. Nas texturas que latexan no libro unha danza se abre paulatinamente, nun espazo difícil de categorizar, desfechando o repregue das palabras que nos viven e nos dan sustento, e conferíndolle aos ollos unhas auráticas insospeitadas, panoramas novos, realidades por enxergar. Se un poder lle é concecido á poesía ha ser, seguramente, algo semellante ao que este libro tenta entregarnos.

____

Editorial: axóuxere
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • URDA

    Quico
    €14,00

    URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este...

    Ver todos os detalles
  • ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA

    ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA

    María López Sández
    €22,00

    A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración.  A cámara de Miguel Muñiz ...

    Ver todos os detalles
  • TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    Xoana Torres
    €30,00

    Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un ...

    Ver todos os detalles
  • A CASA SEN NÓS

    A CASA SEN NÓS

    Xaime Toxo
    €12,00

    Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidi...

    Ver todos os detalles