Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TECIDO DOS SOÑOS

€15,00
ISBN 9788417094911
"O tecido dos soños" gandúxase coas fías da memoria e do corazón. Velaí a arte alquímica da que se serve Teresa Pérez Tilve para hibridar realidade e ficción nun relato que é, a un tempo, testemuña dunha época e evocación entrañada do vivido.

No comezo da narración Laura chega destinada como mestra a unha parroquia do interior pontevedrés, producíndose un choque de mundos entre a súa vida formativa anterior (caracterizada polo ambiente universitario urbano, máis dinámico) e a súa nova realidade (unha Galicia case virxiliana, que semella ancorada no tempo). Laura ha descubrir ben axiña as precarias condicións nas que terá que desenvolver o seu labor de ensinante: a escola avellentada; a ausencia de escusados; a convivencia da aula coas cortes, parede medianeira por medio; a inexistencia do máis elemental material escolar; a desconfianza da veciñanza, que non acaba de ver claro a conveniencia de lle enviar as nenas e nenos ás clases. En fin, todo un mundo de penurias e escasezas que dificultarán grandemente a súa tarefa.    

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • LAREIRA DE SOÑOS

    Pastora Veres
    €25,00

    Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios...

    Ver todos os detalles
  • A SOIDADE DAS MEDUSAS

    A SOIDADE DAS MEDUSAS

    Iria Collazo López
    €10,00

    Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a sú...

    Ver todos os detalles
  • ILLA SOIDADE

    ILLA SOIDADE

    An Alfaya
    €12,15

    2ª Edición - Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2007 Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2007   Lucía, a piq...

    Ver todos os detalles
  • SANATORIA. HISTORIA DOS NENOS RAROS

    SANATORIA. HISTORIA DOS NENOS RAROS

    Librería Abrente
    €17,70

    Este é un libro para nenos raros e sobre nenos raros. Se non es raro parecerache unha parvada e se non es neno quizais deberías ir ao médico. Os pe...

    Ver todos os detalles
  • A CHAVE DOS SOÑOS

    A CHAVE DOS SOÑOS

    Antonio García Teijeiro
    €9,00

    Relatos sobre as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo feito polos maiores.Este libro é unha colección de sete relatos para rap...

    Ver todos os detalles