Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SEGREDO DO TRASNO

€18,00
ISBN 9788412883770

A descuberta dun novo territorio sempre é a descuberta dun novo mundo. Atopar novas xentes e novas paisaxes fainos reverdecer os vellos vínculos cos nosos. Desa fascinación toma este libro de poemas a súa materia prima.

Novo título da colección Valilongo de poesía que Aira coedita coa Fundación Insua dos Poetas.

LIMIAR
Xosé Luís Méndez Ferrín
Un dos camiños importantes da miña vida é o que se inicia, ou termina, no Campo do Cristal, sobe pola Barronca para cruzar Vilanova dos Infantes, deixa a esquerda as Covas misteriosas de santa María de Ilduara eriz, agatuña a roda (a de riba e a de Baixo),
e mais o Piñeiro para nos deixar, sen folgos, na coroa alta de Castromau, capital que foi da xente dos Coelerni destemidos que ousaron pactar con roma. recordo ter feito esta rota de meniño, en carro de vacas, dacabalo e a pé cando mozo, e motorizado despois
de se urbanizaren algo os antigos vieiros. nun punto do camiño, coido que no Piñeiro, veu ao mundo e criouse alexandre Corbillón, poeta de vinte anos.
Cando il chegue a vello lembrará con saudade os días nos que entraba por certas pasaxes ao trasmundo que alí pode abrírselle a un aprendiz de poeta. Coma tal, a moura que se peitea sempre con peite de ouro acolá arriba, no curuto do castro. e mais a señora do Cristal que une con Curros a xente do noso común país.
Vexo en alexandre Corbillón, non un poeta verde e nacente ao universo literario galego, senón un autor definido que acadou un discurso marcado e propio.
Mudarán os seus xeitos literarios a poder do paso inexorábel da roda dos anos e modificaranse as opcións súas estilísticas. Pero os textos futuros de seu remitirán o lector ao día recuado en que publicou Cristal e este outro que sae á luz e que titula O segredo
o segredo do trasno ofrecido por aira editorial e a Fundación Insua dos Poetas na súa colección Valilongo.
Sen eu ter mando ningún nela, atrévome a lle dar a alexandre Corbillón a benvida á república das Letras galegas. e doulla usando de verbas que escribira, hai moitos anos, otero Pedrayo, sobre o libro dun escritor mozo. ou sexa: alexandre Corbillón publicará, sen dultanza, algún día libros máis ricos e brillantes ca este; pro endexamais poderá repetir a potencia orixinal d’O segredo do trasno.
Porque nunca volverá ter vinte anos.
Vilanova dos Infantes, Cristal 2024
____

Editorial: Aira 03-2025
Idioma: Galego
Páx: 152
NARRATIVA

También te podría interesar...

  • RELATOS PARA TELEVISIÓN

    RELATOS PARA TELEVISIÓN

    Xabier Cordal
    €17,00

    Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gard...

    Ver todos os detalles
  • SEGREDOS NO SOLPOR

    SEGREDOS NO SOLPOR

    Iria Misa
    €12,15

    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpo...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • PENSA NAO

    PENSA NAO

    Anxo Angueira
    €17,00

    Premio Xerais de Novela, 1999   En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sern...

    Ver todos os detalles
  • AS RÚAS DO VENTO CEIBE

    AS RÚAS DO VENTO CEIBE

    Librería Abrente
    €9,00

    As rúas do vento ceibe é outra das grandes obras de referencia da poesía "infantil" de Manuel María, ao lado d´Os soños na gaiola. Ten unha orienta...

    Ver todos os detalles