
Trouxeron a camiñantes coa súa visión do mundo e levaron de retorno á súa terra,a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema percorre os sete camiños (6+1) Coa delimitación das súas trazas, o poeta constata que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquía de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía..
____
Editorial: Medulia 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 81
POESÍA