Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O MUIÑEIRO OUVEADOR

€18,50
ISBN 9788417388188
Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del.

Só a un tolo se lle ocorrería afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia do éxito da empresa, aquel extravagante individuo, capaz de engaiolar durante veladas enteiras aos rapaces da aldea coas súas imitacións de animais e de veciños, revela un defecto que os fará reafirmarse no seu primeiro diagnóstico: nos momentos de tristura Gunnar –Kunnari para os veciños– ouvea. As noites pasadas en vela polos aldeáns por causa dos ouveos serviranlles de pretexto para intentar encerrar nun manicomio o imprevisíbel muiñeiro. Porén, Gunnar, axudado pola adorábel Sanelma Käyrämö, tratará de defender a súa liberdade con todas as forzas.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • BEOWULF

    BEOWULF

    Anónimo
    €14,00

    Cae a noite sobre Heorot, a corte de Hrothgar, rei dos daneses. Na casa de altos tellados, cada vez que os nobres daneses se reúnen para beber cerv...

    Ver todos os detalles
  • RELATOS VERÍDICOS

    RELATOS VERÍDICOS

    SAMÓSATA, LUCIANO DE
    €16,00

    Relatos verídicos ocupa un lugar destacado dentro da extensa obra de Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIA DE CALÍRROE

    HISTORIA DE CALÍRROE

    Caritón de Afrodisias
    €16,00

    Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data...

    Ver todos os detalles
  • COTOVÍA

    COTOVÍA

    Kosztolányi, Dezső
    €18,00

    En Sárszeg, unha vila de provincias da Monarquía austrohúngara, habitan Ákos Vajkay e a súa muller na compañía da súa única filla, a fea e solteiro...

    Ver todos os detalles
  • A CAIXIÑA DOS RANCORES

    A CAIXIÑA DOS RANCORES

    Héctor Cajaraville
    €12,15

    4ª Edición - Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015   A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, rev...

    Ver todos os detalles