Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LUGAR ONDE VOU

€16,70
ISBN 9788491519096

Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable.

Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite.

Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tan desbocado como o dos cómplices dunha editora “indie” desbordados pola chea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga o seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia á do Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866.

Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.

____

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A LUZ CO TEMPO DENTRO

    Xesús Rábade Paredes
    €15,00

    A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan.A pulsión e revelación da exis...

    Ver todos os detalles
  • ERICA

    Ana Vigo
    €14,15

    Erica e seu pai chegan á vila da Dormecida tras unha vida de continuas mudanzas.Cansa de ter que facer amigos que perderá invariablemente ao pouco ...

    Ver todos os detalles
  • OS ANXOS INDECISOS

    OS ANXOS INDECISOS

    Manrique Fernández
    €13,20

    Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, nos lindes. A dúbida e as posibilidade...

    Ver todos os detalles
  • FANZINES EN GALIZA

    RAMÓN MARIÑO FERNÁNDEZ
    €11,95

      Unha breve e intensa historia sa autoedición galega. Nun recuncho esquecido da Galiza, entre as sombras dos séculos, agóchase un universo de crea...

    Ver todos os detalles
  • ANTESE

    Arancha Nogueira
    €11,85

    Premio Victoriano Taibo 2021Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A p...

    Ver todos os detalles