
Aníbal non ten máis ca vinte e catro anos pero non poderiamos dicir que estea en moi boa forma física. Sóbranlle oito ou dez quilos de peso en opinión do seu endocrinólogo, e na do monitor do ximnasio ó que ás veces acode cumpriría darlle elasticidade a uns músculos que teñen unha clara tendencia a se atrofiar por escaseza de uso...” Así dá comezo esta nova obra de Paco Martín que é, sobre todo, un libro sobre os libros, sobre o esforzo que hai detrás de todos e cada un dos libros. Un libro para ler os que devecen por ler como respirar.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego