
Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista «Triunfo», o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional da Prensa en Niza.Catro décadas despois daquela primeira edición, volvemos publicar «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego