Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

€18,00
ISBN WP4817
Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre.

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles? Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • GALICIA MÁRTIR

    GALICIA MÁRTIR

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • ATILA EN GALICIA

    ATILA EN GALICIA

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • MILICIANOS

    MILICIANOS

    Castelao
    €10,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • O INVERNO AUSENTE

    Fernando Martínez Vilanova
    €18,00

    Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e ...

    Ver todos os detalles
  • CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    Valentín Paz-Andrade
    €40,00

    Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do nos...

    Ver todos os detalles