Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ENCAIXE DE BRUXELAS

€23,00
ISBN 9788412443479

A loita pola supervivencia leva a Clara dende Bos Aires a España, e de aquí a Bruxelas, onde traballa como comisaria de exposicións de arte ás ordes dunha rica e desaborida xefa. Instalada precariamente na capital belga, Clara verase moi pronto ameazada por unha mafia de explotación laboral e decatarase de estar vivindo unha quimera.

Luz Darriba escribe unha novela claramente autobiográfica, desvelándonos unha historia familiar e persoal atravesada polo forzoso exilio. Irónica, incisiva, enxeñosa e incluso tenra,o filtro do tempo permítelle recrear algúns pasaxes hilarantes.

Transmutada no seu alter ego Clara, enlaza un enérxico discurso contra o establishmente mundial no que operan as ditaduras, as mafias da trata de persoas ou o integrismo relixioso. En conversa imaxinaria coa súa nai, deixa fluír as súas lembranzas dos anos infantís para mostrarnos a nena que foi, espelida, observadora e cun gran sentido de xustiza; reflexiona sobre a maternidade, as relacións familiares, as desigualdades ou corrupción, e brinda, finalmente, pola vida e pola arte.

 

____

Editorial: Belagua 10-2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O SOLPOR DA CUPLETISTA

    O SOLPOR DA CUPLETISTA

    Librería Abrente
    €16,65

    En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mul...

    Ver todos os detalles
  • O LIBRO DA FILLA

    O LIBRO DA FILLA

    Inma López Silva
    €24,00

    Un gran thiller político, intimista, sentimental e social.Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un...

    Ver todos os detalles
  • POR AMOR A TI, MEU FILLO

    POR AMOR A TI, MEU FILLO

    María José Rodríguez
    €9,80

    A autora describe nesta novela, a perfección, a realidade de moitas mulleres e fillos que sofren nas súas propias carnes a violencia de xénero, moi...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • A FILLA DE LUCRECIA

    XABIER PAZ
    €20,00

    Para o mundo son Alba de Vítores, filla de Lucrecia de León, soñadora condenada polo Santo Oficio, culpábel de blasfemia, falsidade e sacrilexio, t...

    Ver todos os detalles