Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O CAMIÑO

€14,90
ISBN 9788498716344

O camiño é longo.
Ás veces vai dereito; ás veces, torto…
Nalgunha ocasión sentes que alguén avanza a carón de ti e vas alegre, ao seu paso, como voando xuntos a cabalo dun ganso salvaxe.
Hai momentos nos que non dás andado: parece que levas zapatos de ferro!
O camiño dá a súa colleita…
Proxectamos longas viaxes, anhelamos lugares, procuramos metas… pero a verdadeira expe- riencia está no camiño mesmo: cada treito, cada momento, cada tropezo, cada descubrimento… Coma se do camiño da nosa vida se tratase, este álbum traza o carreiro polo que transitamos. Sempre haberá quen vai por diante; outros seguirán as nosas pegadas; haberá momentos de encontros, tamén de despedidas…
Un álbum que nos dá pistas sobre a necesaria capacidade de superación para afrontar dificul- tades, o ánimo para seguir adiante e o esforzo e a confianza nun mesmo, imprescindibles para recoller os froitos dese sendeiro da vida. Tamén algún consello: non encher de máis a mochila, deixar atrás o innecesario, recoller sementes, mirar o ceo…
Mariona Cabassa, acompaña dun xeito poético estaruta continua, entretecendo as páxinas cunha senda vermella que atravesa paisaxes nos que podemos ver reflectidos distintos estados emocionais, e un percorrido temporal marcado tamén coa presenza dos paxaros: se nos deixa- mos fascinar polo voo das aves, quizais poidamos sentir as súas ás.

CASTELLANO

El camino es largo.
A veces va recto, a veces se tuerce…
En ocasiones sientes que alguien avanza a tu lado y vas alegre, a su paso, como volando juntos a lomos de un ganso salvaje. Alguna vez no eres capaz de andar. ¡Parece que los zapatos son de hierro! El camino da su cosecha…

____

Editorial: OQO
Idioma: Galego/ Castellano

También te podría interesar...

  • O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

    O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

    Xabier P. DoCampo
    €15,26

    Contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados...

    Ver todos os detalles
  • OS LAPIS PRIMOS

    OS LAPIS PRIMOS

    José A. Ramírez Lozano
    €15,50

    Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos ...

    Ver todos os detalles
  • DESPOIS DE TI, A CHUVIA

    DESPOIS DE TI, A CHUVIA

    XOSE CARLOS CANEIRO
    €24,50

    Poesía, música e Caneiro en estado puro.Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética...

    Ver todos os detalles
  • A POUTADA DO OSO

    Lois Diéguez
    €19,00

      Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas...

    Ver todos os detalles
  • RASTROS

    Roberto Vidal Bolaño
    €10,00

    Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese sabercomo e quen era a persoa ou animal que as deixou, cal a razón de serdo seu paso polo ...

    Ver todos os detalles