Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O BOSQUE É A NOSA CASA

€21,00
ISBN 9788419754288

Sabes, de verdade verdadeira, como é que funcionan os bosques? Nun bosque todo está conectado. Pero ademais, todas as persoas estamos tamén conectadas cos bosques. E é que, sen dúbida, o bosque é a nosa casa. Entra neste libro e descubrirás unha morea tan grande de cousas alucinantes (e que moi pouca xente sabe) que te converterás en especialista en bosques. Garantido!

Autora: Sara Fernández

Sara Fernández (Madrid, 1976) é escritora e ilustradora de literatura infantil e xuvenil. Tamén é enxeñeira de montes aínda que actualmente exerce a media xornada para poder compatibilizalo co seu labor creativo. E vive coa súa familia nunha aldea de 8 habitantes rodeada de bosque. Tras máis dunha década traballando en desenvolvemento rural, xestión forestal sostible, impacto ambiental e divulgación, Sara empezou a reformarse como ilustradora e escritora en diferentes escolas. Ao cabo de tres anos, publicou o seu primeiro álbum ilustrado, A Florencio le pica la cabeza (Milrazones, 2019) e como escritora publicou Ser bajita es un rollo (Edelvives, 2020) e El día que me comió un león (Edelvives, 2021). O bosque é a nosa casa permitiulle a Sara axuntar as súas tres facetas, a creativa, a científico-técnica e a vital, nun só proxecto.

Autora: Sonia Roig

Sonia Roig é doutora enxeñeira de montes e profesora na Universidade Politécnica de Madrid. Actualmente é a presidenta da Sociedade Española de Pastos. Investiga e ensina sobre materias que teñen que ver con como coidar árbores e montes, crear novos bosques ou valorar e optimizar todos os beneficios dos ecosistemas forestais. Desde hai máis de 20 anos traballou en varias universidades e centros de investigación, en múltiples proxectos sobre o funcionamento de bosques e sistemas silvopastorales. Escribiu numerosos libros e artigos de difusión internacional dos seus resultados de investigación. O bosque é a nosa casa foi a ilusión de moitos meses e a oportunidade de explicar aos futuros coidadores dos bosques moitos dos seus segredos.

____

Editorial: Hércules 03-2024
Idioma: Castellano

También te podría interesar...

  • GROELANDIA

    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    €22,95

    PREMIO NARRATIVA B.REPSOL 2023 Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos quetraballan preto de Terra Nova. Un mar...

    Ver todos os detalles
  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles
  • A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS

    Veiga, Manuel
    €14,80

    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior ...

    Ver todos os detalles
  • UXIO E AMIGOS.

    ROMERO, MARTIN
    €14,00

    Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes co...

    Ver todos os detalles
  • PRAGAS E DOENZAS

    ROSENDO ESTÉVEZ PARADA
    €19,90

    Que fago se teño pulgón na roseira? Como trato o mildio nos tomates? Que é esa mancha negra que lles sae ás mazás? Cunha linguaxe sinxela e clara, ...

    Ver todos os detalles