Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR

€14,00
ISBN 9788484874409

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba una carapucha para ser un tal. Era de Nuredin.

Falaba un francés moi comprensíbel, menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a aquellas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes grandocho, modelo año de catapún, confortábel só que moi vencido –ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas curtas, mais andaba ben. Polo camiño, me dabame espricaciones breves sobre lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa máis recientes, inda onte coma quen di. “Fomos un país ocupado, e nótasenos aínda hoxe” –dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e botoume una inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo da miña reacción. Mal sabía que el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle a cara a una expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido sorriso irreprimidamente cúmplice.

___

Editorial: Laiovento 2019
Idioma: Gallego