Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NO VENTRE DO SILENCIO

€16,65
ISBN 9788483023693
Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50.

Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: “Cada xeración deberá fabricar a súa cidade” (Antonio Sant´Elia) , “Permitín á cidade entrar na miña mente” (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro “Troianos Redivivos” (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular –leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • SIMÚN

    Nuria Vilán Prado
    €18,00

    “neste lugar / hai unha certa violencia na forma de articular a palabra / verdade”, escribe a autora nesta sorprendente estrea literaria. Simún non...

    Ver todos os detalles
  • AS GRATITUDES

    Delphine de Vigan
    €15,00

    A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afas...

    Ver todos os detalles
  • DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.

    Raúl Dans
    €19,95

    En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a e...

    Ver todos os detalles
  • SALÍFERO

    López Alonso, Luís
    €15,00

    Salífero é un estado que vai alá da consciencia. Un espazo entre varios ámbitos. Un fluír que nos envolve e arremuíña. Unha loita entre a palabra e...

    Ver todos os detalles
  • AS CASAS

    AS CASAS

    Carlos Lixó
    €13,00

    xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pa...

    Ver todos os detalles