Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MURGUÍA, O PATRIARCA

€29,50
ISBN 9788418567421

Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña,1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalia de Castro.

Malia que non poido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolesciencia.

As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados <> onde todo debía ser documentado.

A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.

    _____

    Editorial: Alvarellos 05-2023
    Idioma: Galego

    También te podría interesar...

    • MANUEL MURGUÍA

      Henrique Rabunhal Corgo
      €10,60

      O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a hi...

      Ver todos os detalles
    • CARMIÑA SIERRA

      AURORA MARCO
      €19,50

      Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de ...

      Ver todos os detalles
    • MURGUÍA

      MURGUÍA

      Xosé Ramón Barreiro Fernández
      €40,00

      Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institu...

      Ver todos os detalles
    • PAPAGAIO

      Luisa Villalta
      €22,00

      Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. No ano 2001, o barrio c...

      Ver todos os detalles
    • MURGUÍA. UN SÉCULO DESPOIS

      Henrique Rabunhal Corgo
      €14,95

      Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militancia galeguista ...

      Ver todos os detalles