Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MINIA, AMOR DOE

€22,00
ISBN 9788412849738

José Estévez López naceu en Pacios (Pradela, Guntín), na provincia de Lugo, no ano 1954. Poeta e novelista, participou en obras colectivas, publicou unha decena de poemarios e varias novelas, tanto en galego coma en castelán.
Entre as súas obras inéditas están: A túa ausencia que non se apaga; Atrozmente con amor; De ida e volta; Fóra da lei; Aseteando; Naír; Da apoteose á apocalipse...

Por fin cortei as cadeas, por fin escapei do xugo dun matrimonio que acababa coa miña saúde física e mental. O peor dos malos tratos é normalizalos, convertelos en habitables, ver esa relación tóxica como unha relación natural, coa que hai que lidar a diario e punto. O feito de non se recoñecer coma unha vítima.

____

Editorial: Toxosoutos 04-2024
Idioma: Galego 
Páxinas: 250