
Con humor, coa comprensión dos anos e a sabedoría da distancia, coa xenerosidade que o caracterizou sempre, o autor viaxa polos acontecementos sen repetirse, advertindo ao lector doutras fontes que, chegado o caso, pode consultar. Párase tamén nas cousas miúdas, ás veces incluso nas máis persoais (a primeira experiencia amorosa, os métodos pedagóxicos da escola da preguerra, a morte do avó…), o que lle dá a estas páxinas unha calor humana e unha tenrura singulares.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego