Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MILICIANOS

por Castelao
€10,00
ISBN 9788491512752
Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie dos fascistas e dun tempo escuro que convén non esquecer para non repetir xamais.

A Editorial Galaxia pecha o seu ano  literario coa publicación dos Álbumes de Guerra de Castelao. E, por vez primeira, a edición facsimilar realízase a partir das láminas orixinais que están depositiadas no Museo de Pontevedra. Outras edicións fixéronse antes pero nunca como desta volta fai a Editorial Galaxia que os publica por separado e mantendo as características que o propio Castelao quixo para o seu traballo. Os tres álgumes edítanse en edición facsimilar e respectando escrupulosamente as edicións orixinais feitas e controladas polo propio Castelao no seu tempo. Os Álbumes de Guerra conteñen as estampas que Castelao realizou para dar conta das barbaridades do fascismo durante a Guerra Civil Española e están compostas polos títulos Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos. O Castelao humorista deixa paso ao Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie dos fascistas e dun tempo escuro que convén non esquecer para non repetir xamais. Agora, e por vez primeira, a disposición do público galego nunha coidada edición facsimilar que respecta ao cen por cen as calidades e as tonalidades que o propio Castelao aprobou cando saíron no seu día do prelo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • GALICIA MÁRTIR

    GALICIA MÁRTIR

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • ATILA EN GALICIA

    ATILA EN GALICIA

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    Luís Rei Núñez
    €18,00

    Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena ca...

    Ver todos os detalles
  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles
  • A POESÍA MÍSTICA E CÍVICA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

    A POESÍA MÍSTICA E CÍVICA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

    XOSÉ LOIS GARCÍA
    €10,00

    Xosé Lois García é unha personalidade tan poliédrica, de tan vasta memoria, e con tanta enerxía creativa e de traballo, sempre sorprende e desborda...

    Ver todos os detalles