Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O MEU NOME É NINGUÉN

€17,00
ISBN 9788491214274
O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade...

Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes. O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • MEMORIAS DUN NINGUÉN

    MEMORIAS DUN NINGUÉN

    Librería Abrente
    €14,50

    Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial. Premio ao "mellor l...

    Ver todos os detalles
  • TODO OK

    TODO OK

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer ...

    Ver todos os detalles
  • XA NON ESTOU AQUÍ

    XA NON ESTOU AQUÍ

    Iria Misa
    €12,00

    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misterios...

    Ver todos os detalles
  • CONTA SALDADA

    CONTA SALDADA

    Suso de Toro
    €12,15

    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedic...

    Ver todos os detalles
  • O QUE NON SABÍAS

    O QUE NON SABÍAS

    Elba Pedrosa
    €16,35

    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio.Marisa, muller afouta e tenaz...

    Ver todos os detalles