
Apoucado, aplicado nos estudos e encargado de asistir nos oficios relixiosos, o rapaz descubrirá o cine da man do seu pícaro irmán menor, Milucho, quen goza da compañía de Serafín Graña, o poeta ladrón, e mesmo se lanzará a unha peculiar aventura que o levará a Vigo co Roñón, o fillo do xastre.
____