
QUE LLE PODO OFRECER A QUEN ME INTENTE? MONOGRÁFICO LOIS PEREIRO
Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos.Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.
____
Editorial: Xerais 06-2011Idioma: Galego