
LA LÁMPARA MARAVILLOSA. EJERCICIOS ESPIRITUALES
Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza. O libro, publicado en 2018 por Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago, preséntasenos como unha autobiografía do autor quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cannabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade. A presente edición enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.
____
Editorial: Alvarellos 03-2018Idioma: Castellano