Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

JOSÉ MANUEL FORS

€9,90
ISBN 97885882323
…porque propio teu é captar ese ritmo de crecemento para a natureza, fronte a que ti colocas unha lentitude de observación, que é tamén natureza.

Grazas a Deus que esa lentitude para levar a observación a unha extensión fabulosa está acompañada dunha una memoria hiperbólica. Entre moitos acenos, moitas palabras, moitos sons, despois de que os tes observado entre o sono e a vixilia, sabes o que vai acompañar á memoria secularmente. A visita das nosas impresións é dunha rapidez inasíbel, pero o teu don de observación agarda como nun teatro onde teñen que pasar, reaparecer, deixarse aloumiñar ou amosarse esquivas, esas impresións que logo son lixeiras como larvas, pero daquela a túa memoria dálles unha substancia como a lama dos comezos, como unha pedra que recollese a imaxe da sombra do peixe. Ti falas do ritmo de crecemento da natureza, pero cómpre ter moita humildade para poder observalo, seguilo e reverencialo. Niso eu tamén observo que ti es da nosa familia, a maioría das persoas interrompen, favorecen o baleiro, fan exclamacións, torpes esixencias ou declaman arias fantasmais, pero ti observas ese ritmo que fai o cumprimento, o cumprimento do que descoñecemos, pero que, como ti dis, foinos ditado como o signo principal do noso vivir.

 De Paradiso , José Lezama Lima

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • REFLEXIÓNS

    REFLEXIÓNS

    Librería Abrente
    €9,90

    Explicáronme que todo o que vexo son reflexos. Dixéronme que o mar non ten cor, que todo o máis reflicte a luz e deixa ver algo do que ten no fondo...

    Ver todos os detalles
  • ...ALÉN DO REMUIÑO

    ...ALÉN DO REMUIÑO

    Librería Abrente
    €11,00

    Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa,...

    Ver todos os detalles
  • O TEMPO QUE VIVIMOS

    Roberto Varela Fariña
    €29,00

    O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a...

    Ver todos os detalles
  • ALMA DE GRILO

    MARÍA GARCÍA
    €20,00

    Con imaxinación e fina sensibilidade, María García compón un cadro de estampas narrativas breves no que conviven o mito e o humor, a lenda e o poem...

    Ver todos os detalles
  • MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO

    MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO

    Pablo Nogueira
    €14,95

    Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acr...

    Ver todos os detalles